EQUIPO XURÍDICO SOLIDARIO
A partires da iniciativa dun grupo de compañeiros e co apoio da Subcomisión de Penitenciario do CGAE, estase a conformar unha rede de avogados para crear distintos equipos xurídicos territoriais e así facer efectiva unha rede xurídica solidaria coas persoas internas en 1er grado que son os que mais vulneracións de dereitos padecen.
Este proxecto esta nos primeiros pasos da súa organización. Os traballos que se están a facer polo de agora son elaborar una lista de compañeiros interesados en ser incluídos nesta rede, elaborar otra lista das persoas presas en primeiro grado, así como os FIES, e ter reunión periódicas, na sede do CGAE, para desenvolver o proxecto.
Para facer parte do Equipo xurídico Solidario, podedes escribir ao correo electrónico: dereitoshumanos@avogadosnovos.gal