I XORNADA DEREITO PENITENCIARIO 24 E 25 DE OUTUBRO, VIGO

Avogados_Novos
13 Outubro, 2014
A vida tras o muro
A vida tras o muro

   A situación interna e a administración dos cárceres é una realidade descoñecida para gran parte da sociedade, na que tamén nós nos temos que incluír. Das nosas visitas a prisión como parte do noso traballo e tamén como Comisión de Dereitos Humanos, tomamos consciencia das dificultades que enfrontan as persoas reclusas no dia a día dentro da prisión para ter acceso a asistencia xurídica efectiva  coa que facer valer os seus dereitos, ou o acceso a medicamentos por poñer dous exemplos. Denunciar determinadas situacións que se producen tras o muro, a vez que nos dotamos de ferramentas para afrontalas xuridicamente desde a nosa profesión son as razón polas que nós desde a Comisión de Dereitos Humanos da nosa agrupación  decidimos organizar asI Xornadas de Dereito Penitenciario de Vigo, baixo o título “A vida tras os muros”.

   Agardamos que os próximos 24 e 25 de outubro convértanse en un encontro no que reflexionar e debater sobre as prácticas penais e os métodos punitivos no sistema penal español así como lograr unha formación práctica en dereito penitenciario.

   As Xornadas realízanse en dous espazos diferentes, o 24 de outubro no auditorio do colexio de avogados (rúa Lalín), dia dedicado exclusivamente a Dereito Penitenciario. E o 25 na antiga prisión da cidade, hoxe coñecida como MARCO -Museo de Arte Contemporáneo- (rúa Príncipe), onde contaremos con poñentes de diferentes áreas, letrados, académicos, organizacións sociais de diferentes lugares da xeografía estatal, e tamén con un historiador que nos falará de este simbólico edificio ao longo dos anos. Como vedes temos ata o ultimo detalle pensado.

   En organizar estas Xornadas puxemos moito tempo e esforzo desde a nosa modestia, as nosas dubidas e o convencemento de que son necesarios estes foros. Temos que dicir que contamos como co Colexio de Avogados de Vigo  como cooperador necesario, pois é quen financia as xornadas.  A cota de inscrición será de 20€

   Esperamos vervos os próximos días 24 e 25 de outubro e contar con as vosas ideas e reflexións.

   Non dubides en difundir as compañeiras e compañeiros que consideres interesadas

   Formulario de inscrición

   Tríptico das Xornadas (programa) 

Atentamente

A Comisión de Dereitos Humanos