CONSULTA SOBRE A NOVA CIDADE DA XUSTIZA NO “PIRULÍ”.

Avogados_Novos
29 Febreiro, 2016

Comunicámosvos que desde a Agrupación fomos convocados a Alcaldía o próximo día 8 de marzo para saber a nosa opinión sobre o cambio da “cidade dá xustiza” ao “pirulí”.

Parécenos unha boa medida por parte do concello o pedir a opinión dos colectivos que formamos parte da administración de xustiza en decisións que afectan dunha maneira tan relevante como esta a o futuro da nosa cidade.

Xa diversos compañeiros trasladáronnos as dúbidas que lles xorden sobre a posible falta de zonas de aparcadoiro, a vida útil da edificación e as condicións de salubridade e adaptación que podería ter o antigo hospital ás necesidades específicas que esixe unha cidade da xustiza.

Por todo iso, do mesmo xeito que alcaldía tivo o interese de coñecer a nosa opinión,  iniciamos un período de consultas para que nos poidades transmitir vosa propia opinión, propostas e dúbidas co obxecto de que as podamos trasladar ao equipo de goberno local, que podedes achegarnos remitíndoo ao correo electrónico da agrupación.

Así,  esperamos poder acudir á reunión cunha visión máis ampla, construtiva e representativa.