MANIFESTO SOLIDARIO REFUXIADOS 13-5-2016

Published by Avogados_Novos on

A continuación, temos o pracer de publicar o manifesto redactado polos nosos compañeiros Javier Cominges e Begoña Carrera e que leyu esta última no festival benéfico organizado por un grupo de bandas e artistas vigueses (WÖYZA, THE SOUL JACKET, CAMARADA NIMOY, YOU DOG!!, WONDERLUST KINGS Y SALITRE), en colaboración coa ONG Proactiva Open Arms e o Concello de Vigo e cuxa recadación destinouse íntegramente á valerosa labor de socorrismo que realiza Proactiva nas costas do Mediterráneo.

“O mediterráneo, ese mar que sempre chamaron mare nostrum, o noso mar, e que agora se está convertendo nun inmenso cemiterio. O noso cemiterio.

 

Queríamos ler unas verbas sobre o motivo polo que estamos aquí, o drama humanitario dos refuxiados, para recordar que agora mesmo, neste mesmo instante hai centos de persoas que están arriscando a súa vida (ou directamente morrendo) por escapar da guerra, da miseria, do medo, da desesperanza,.. Motivos que, como sabedes, non nos son alleos ao pobo galego, nin a outros, pobos que teñen que migrar por necesidades dramáticas en busca dunha alternativa de vida mellor.

A guerra siria foi consecuencia dunha situación de inxustiza e desigualdade do propio país. Máis tarde foi alimentada por outras potencias internacionais que libraban a guerra en terreo alleo, eso sí, baixo o lema de levar a democracia a ese país. Unha flamante democracia (como a de Afganistán ou de Irak) que só poucos superviventes poderían “disfrutar” nun país arrasado e desestructurado.

As armas que se utilizan para facer a guerra en Siria, non son sirias. Desde 2011, SIRIA leva 6 anos de guerra descarnada. Segundo o Observatorio Sirio de Dereitos Humanos, hai máis de 300.000 mortos, unha cidade como Vigo enteira arrasada, máis de 80.000 persoas eran civís, dos cales 15.000 eran nenos. E os meniños superviventes que naceron no 2011 só coñecen a guerra como escenario de vida.

E lanzamos unhas preguntas..

Por qué se sigue mantendo viva esa guerra?

Sería igual se ese país non tivera petróleo?

É casual que potencias mundiais poñan tanto empeño nesa guerra de Siria, que curiosamente é veciña de Irak, onde tamén se librou outra guerra no 2003?

 

Teríamos tanto que dicir, tanto que analizar..

Habería que falar sobre a vergonza dos nosos políticos e gobernos, desa Europa que durante un tempo se erixía como defensora dos dereitos e humanos, básicos, universais.. así o recolle o preámbulo da Carta Dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea: “a Unión está fundada sobre os valores universais da dignidade humana, a liberdade, a igualdade e a solidariedade, e baséase nos principios da democracia e do Estado de Dereito”.

Palabras molladas, baleiras.. as leis se modifican e manipulan a golpe de interese económico; o que importa, é evidente, non son as persoas senón o diñeiro. Ata os bens máis básicos e imprescindibles cotizan en bolsa. Ata coa fame pódese gañar diñeiro.

A UE chegou a un acordo económico con Turquía que pon prezo á vida de cada  persoa refuxiada.

A resposta que da Europa, unha Europa que presume de progresista. Pecha as fronteiras a toda esta xente que fuxe desa situación de morte, suspende o acordo Shenguen,  e asina convenios inxuriosos e infames como o tratado de UE- Turquía.

 

A UE trasladou a traxedia humanitaria a Turquía, a cambio de millóns, millóns de vidas por millóns de euros, tecendo un novo telón de escuridade que nos cegue os ollos, por que o que non vexamos, non existe, e o que non existe non temos que facernos cargo.
Sobre iso España ten moita experiencia; fomos os primeiros en construír concertinas cargadas de cuchillas co propósito de mutilar a esperanza, fomos os primeiros que acuñamos o termino “devolucións en quente” a pé de fronteira negando un procedemento legal que, polo menos garantise un mínimo dereito de defensa.

 

O acordo UE- Turkía ten antecedentes, o estado español chegou a acordos económicos con Marrocos, país cun sistema nada garantista cos dereitos humanos, co obxectivo de que conteña o fluxo migratoria procedente de África. En esencia, agora como antes, pagamos a outros porque nos fagan o traballo sucio. Aínda está fresca na nosa memoria eses autobuses cargados de subsaharianos esposados camiño do deserto e arroxados quen sabe onde entre fronteiras de papel levantadas sobre esoutro mar de area, que tamén estamos permitindo se converta noutro cemiterio, aínda máis mudo e silencioso, menos molesto, que o mediterráneo.

Porque no noso sistema, as decisións que importan non se toman desde unha perspectiva humanista que teña latexos de solidariedade senón con pulsacións ao ritmo da cotización do euro. Vendéronnos que si queremos conservar o noso estado de benestar, de servizos públicos actual non cabe ninguén mais en terreo europeo.
Que non nos enganen, a cidadanía deixou claro que non podemos quedar impasibles ante este crime humanitario que nos é coetáneo, quere unha resposta solidaria e humanitaria e se non a dan as Institucións darémola nós.

A xente, a xente que se estremece ante a inxustiza e e reacciona  para mitigar o sufrimento, para compartir aínda que non teña, vímolo en Grecia, un pobo arrasado pola crise que non quixo mirar cara a outro lado cando cadáveres sen patria chegaron ata as súas praias.

E vémolo aquí:

Con ONGs como Proactiva Open Arms á que van destinados a recadación deste concerto, que mergullan as mans directamente no mar para salvar vidas, cada unha delas dun valor incalculable.

Co movemento social organizado que creou centos de redes sociais de apoio a persoas refuxiadas no Estado Español.

Coas asociacións e colectivos que puxeron a disposición os seus medios para atender aos 16.000 refuxiados que se ofreceu a acoller España.. .16.000?. parecíannos poucos.  A día de hoxe só chegaron 18…

Vémolo:

Coa vontade de outras administracións de asumir refuxiados nos seus territorios, impedida polo estado alegando falta de competencia legal.

Coa rede de avogados voluntarios para os expedientes de asilo

Cos Músicos, técnicos de son, todos os que conforman parte deste concerto que entregan a súa arte de forma desinteresada por esta causa,

E con todos vós, os que estades aquí colaborando coa vosa entrada.

Toda esta reacción cidadá que contribúe a crear unha sociedade máis solidaria e xusta é imparable.

Somos nos os que temos a posibilidade de cambiar o rumbo para construir unha sociedade mellor.

FAGÁMOLO !!

Moitas gracias a todas!”

 

 

 

 

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra politica de cookies consistente en cumplir con las obligaciones previstas en el apartado segundo del artículo 22 de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico, tras su modificación por el Real Decreto ley 13/2012, de 30 de marzo, más información aqui ACEPTAR

Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: