Seminario sobre a nova LEI DE XURISDICCIÓN VOLUNTARIA

Published by Avogados_Novos on

O pasado venres 11 de novembro, celebrouse na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo un breve seminario con motivo da promulgación da nova Lei de Xurisdicción Vluntaria, a Lai 15/2015. Introducido pola Profesora María José Bravo Bosch, Profesora Titular de Dereito Romano e coa presenza da decana da Facultade, Dona Ana María Pita Grandal, Profesora de Dereito Financeiro e Tributario; o seminario foi impartido polo Catedrático de Dereito Romano da Universidade Autónoma de Madrid Antonio Fernández de Buján y Fernández. Definida como a Lei procesal máis importante despois da Lei Procesal Civil, o que se pretende facer a través de este corpo legal é redistribuir as materias administrativas e de xurisdicción que poden xurdir nos diferentes procedementos e que teñen a súa orixe, a diferencia do que ocorre nos actos contenciosos, en “aqueles que requiran a intervención dun órgano xurisdiccional para a tutela de dereitos e intereses en materia de Dereito Civil e Mercantil, sen que exista controversia que deba sustanciarse nun proceso contencioso.“ (artigo 1.2 da Lei 15/2015). Dende a perspectiva histórica, a xurisdicción voluntaria estivo regulada nun primeiro momento na Lei Procesal Civil aprobada en 1881 e estaba contemplada na modernización levada a cabo coa promulgación da reforma desta última, o texto 1/2000. O feito de que esta materia fose considerada tan dispersa (o cal quedaba reflictido en que a súa regulación aparecía recollida en moitas e moi diversas leis), facía necesaria a promulgación dun texto garantista a través do cal se redistribúen as competencias entre os xuíces e os secretarios xudiciais (agora denominados Letrados da Administración de Xustiza, denominación que aínda non se emprega nesta Lei, pola súa recente modificación). Esta lei é un novo modelo de regulación da materia a cal queda desxudicializada ó establecer unha clara diferenciación entre a exclusividade e a alternatividade dos procedementos que contempla. Deste xeito, dos 60 procedementos que nela se contemplan, 20 deles son competencia exclusiva dos xuíces mentres que os outros 40 quedan divididos como segue: -10 son competencia exclusiva: 5 deles xudiciais (dos antigos secretarios xudiciais actuais Letrados da Administración de Xustiza) e os outros 5 competencia dos Notarios como fedatarios públicos. -30 dos procedementos restantes presentan unha nota de alternatividade ó poder ser resoltos tanto polos Letrados da administración de Xustiza, polos Notarios ou polos Rexistradores da Propiedade e Mercantiles. Ademáis dos xa nomeados poden atoparse outros procedementos de xurisdicción voluntaria nas seguintes leis: -5 procedementos de exclusividade notarial na Lei de Navegación Marítima, -9 procedementos de resolución alternativa na Lei de Reforma da Lei Hipotecaria. Existe, sen embargo, un procedemento xeral ó cal se poderán adscribir todos aqueles supostos que non se podan encadrar nos procedementos que a lei establece e que se entende procesalizado (actualizado e racionalizado) e coas correspondentes garantías. Unha das principais novidades desta lei é que establece a posibilidade de presentar oposicións o que modificará, en segundo qué procedementos, a clasificación de voluntario a contencioso. Establécese que os procedementos non deberán estar necesariamente contemplados legalmente, unha máior liberdade de forma respecto dos gastos e determínación de que as resolucións adoptadas por vía desta xurisdicción terán forza de cousa xulgada. Sobre o seminario é preciso comentar que é de agradecer este tipo de iniciativas por parte da Universidade, sobre todo tendo en conta que, neste caso, tratábase dun tema méis ben pouco coñecido, pero do cal sempre está ben ter coñecemento aínda que éste se limite a saber cal é a lexislación a aplicar no momento actual e qué novidades traen consigo estas modificacións lexislativas e se se fai dende a perspectiva dun experto na materia esta aproximación é máis que benvida.

JACOBO SANTAMARTA BARRAL

Categories: formación

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra politica de cookies consistente en cumplir con las obligaciones previstas en el apartado segundo del artículo 22 de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico, tras su modificación por el Real Decreto ley 13/2012, de 30 de marzo, más información aqui ACEPTAR

Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: