PROPOSTA PARA ESIXIR AO MINISTERIO DE FACENDA O CAMBIO DE CRITERIO SOBRE A SUXECIÓN DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA XURÍDICA GRATUITA AO IVE
O noso compañeiro da Agrupación Jaime Aneiros, Concelleiro de Facenda do Concello de Vigo e membro do Grupo municipal do PSdeG-PSOE, comparte con nos o texto da moción que vai defender mañá mércores 22 de febreiro no Pleno do Concello, solicitando que se acorde exigir ó Ministerio de Facenda o cambio de criterio adoptado recenetmente sobre a sujeción dos servizos de asistencia xurídica gratuita ó IVE, así como manifestar o apoio á Quenda de Oficio, solicitar a dotación dos medios económicos e personais necesarios para a sua plena vixencia e efectividade e apoiar as medidas que se inicien dende os Colexios de Avogados e Procuradores para lograr unha rectificación sobre esta cuestión.