ENCONTRO DE MULLERES PROFESIONAIS NO SECTOR XURÍDICO
Fruto da colaboración entre as Agrupacións de Avogados Novos de Ourense, Vigo e Santiago de Compostela, xurdiu a celebración de este encontro que pretende impulsar un debate crítico sobre a situación da muller profesional no eido xurídico. O obxectivo é buscar resposta a cuestións tales como as seguintes:
¿Qué obstáculos atopan as profesionais do sector xurídico únicamente por ser muller?
¿Podemos falar dun liderazgo femenino no sector xurídico? ¿Qué significa?
¿Existe o techo de cristal para as mulleres no sector xurídico profesional? ¿Cales son, no seu caso, as razóns que o explican? ¿Cales poden ser as solucións?
¿Cales son os motivos de discriminación para as mulleres porfesionais do sector xurídico? ¿Cales son as consecuencias concretas nas que se manifestan?
¿Existen respostas legais á situación da muller profesional no sector xurídico? En su caso, ¿cales son? ¿Son suficientes? ¿Qué demandas existen?
A inscripción é gratuita, mais quen desexe asistir ao almorzo deberá satisfacer o prezo do menu (25€) e indicalo así na solicitude de inscripción adxuntando o xustificante de pago.
Se queres podes inscribirte agora mesmo completando o seguinte formulario: