ENCONTRO GALAICO PORTUGUÉS DE AVOGACÍA E DEREITO
O venres 22 de xuño de 2018, organizamos conxuntamente cos compañeiros da Orde de Advogados de Povoa de Varzim, un Encontro para compartir coñecementos, experiencias e dudas sobre a lexislación de diversos aspectos aquí e no país veciño.
En concreto, a primeira mesa está dedicada a ter unha idea xeral sobre os tribunais existentes e a competencia de cada un deles a un lado e outro da fronteira.
Nunha segunda mesa, falaremos dos distintos aspectos que afectan ao exercicio da nosa profesión aquí e en Portugal, así como os costes do proceso e os axentes intervinientes no mesmo nun territorio e outro.
Xa pola tarde, coñeceremos unha comparativa dos instrumentos de pago mais habituais no tráfico mercantil así como dás vías de reclamación existentes para facer fronte a morosidade.
E por último, non podía faltar a mesa dedicada a unha materia moi recurrente e transversal como é a situación legal dos traballadores transfronterizos.
O Encontro pretende ser unha experiencia enriquecedora, así como unha oportunidade de coñecer a compañeiros do outro lado da fronteira e mostrar a beleza da nosa cidade.
O PREZO é de 10€. Os que desexen xantar no restaurante do Museo haberán de pagar ademais 20€.
O ingreso deberá facerse na conta seguinet: ES28 0075 8903 4406 0050 2913 (Concepto: Encontro) e o xustificante de pago mais os datos personais deberán remitirse ao correo merchi@icavigo.org
Debido ao aforo do sitio, as PRAZAS SON LIMITADAS polo que se estades interesados facede a inscripción canto antes.