Comunicado 25N

Published by Avogados_Novos on

Este 25 de novembro dende Avogados Novos queremos reivindicar a necesidade dun compromiso claro de loita contra as distintas formas de violencia machista que se manifestan na sociedade.

Os feminicidios constitúen o resultado mais duro da violencia machista e, ante esta realidade, non podemos mostrarnos indiferentes xa que o patriarcado constrúese e ten a súa base nas relacións estruturais de desigualdade, arraigándose na cotidianeidade das nosas vidas: no público, nas escolas, nos nosos centros de traballo, na nosa forma de ocio, no ámbito privado, nas relacións afectivas…

Entendemos que o ámbito conceptual da violencia machista debe ser ampliado ao que ofrece a Lei Orgánica 1/2004,  de 28 de decembro incluíndo un concepto mais amplo do que ofrece o artigo 1 da mesma. Neste senso a situación é crítica, xa que tras a ratificación no 2014 do convenio de Estambul suspendemos na aplicación do mesmo, tal como se ven a recoller no “Informe Sombra” sobre la aplicación en España 2014-2018 do Convenio, ante o GREVIO, destacando, entre outras, a necesidade de mais financiación para a aplicación do Pacto de Estado contra a violencia de xénero co obxectivo de desenrolar adecuadamente os aspectos preventivos, sociais e xudiciais fronte a todas as formas de violencia, destacando a actual incapacidade de dar unha resposta interseccional acorde as distintas realidades das mulleres ( https://plataformaestambulsombra.files.wordpress.com/2018/11/dossier_de_prensa.pdf).

No referido a nosa realidade como profesionais da avogacía, atopámonos ante unha falta absoluta de coordinación entre as FCSE e os Xulgados de violencia. É una crúa realidade da que somos testemuñas, sobre todo dende que a UFAM comezou a facerse cargo das denuncias sobre violencia machista: O seu deficiente funcionamento e o desinterese xeneralizado das FCSE unidos ás deficiencias nas infraestruturas humanas e institucionais, supón que en lugar de servir de protección as vítimas as deixe en graves situacións de desamparo. Os exemplos son moitos: citacións simultáneas que se solapan cas posteriores, a precariedade das instalacións destes xulgados, con salas de acusados e vítimas contiguas sen separación axeitada e moias veces sen vixilancia algunha, falta de espazos onde as partes poidan entrevistarse reservadamente có seu avogado ou avogada, lentitude e imposibilidade de programación da xornada, dado que ademais dos procedementos penais e civís que están en trámite é un xulgado de garda permanente… Situacións coma estas constitúen un hándicap no noso traballo diario que impiden prestar unha defensa adecuada e é por iso que esiximos un compromiso real da Administración de Xustiza para melloralas, e en concreto, neste particular, faise absolutamente necesaria a creación dun segundo Xulgado de Violencia sobre a Muller na nosa cidade.

Por outra banda, non podemos esquecer a nosa realidade como avogadas. As situacións de discriminación son latentes e abranguen as relacionadas coa fenda salarial na nosa profesión, as problemáticas de conciliación, as dificultades de achegamento a postos de dirección, situacións de acoso, a falta de plans de igualdade e protocolos de violencias machistas tanto nos despachos como nos Colexios, o trato discriminatorio nas relacións cos clientes e cos xulgados en relación cos nosos compañeiros ou ser xulgadas pola nosa forma de vestir. Incidindo todas estas cuestións no ámbito público e precisando un compromiso real do conxunto da avogacía co fin de rachar con estas formas de discriminación.

Cremos que a erradicación da violencia machista precisa unha loita mais ampla que esta data de reivindicación, e que é preciso presentar batalla no noso día a día contra as distintas formas de violencia, non sendo indiferentes a mesma e tendo unha maior sensibilidade, aprendendo tamén a identificar as expresións de violencia machista menos evidentes (os chamados “micromachismos”). Apostamos pois por unha formación especializada e continua dende o ámbito educacional, no acceso á profesión (grao, no master), nos Colexios e unha maior especialización na Administración de Xustiza e FCSE

Sen máis, animámosvos a participar na mobilización que terá lugar este domingo 25 de novembro en Vigo ás 12: 00 con saída dende Urzáiz, cruce Vía Norte”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra politica de cookies consistente en cumplir con las obligaciones previstas en el apartado segundo del artículo 22 de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico, tras su modificación por el Real Decreto ley 13/2012, de 30 de marzo, más información aqui ACEPTAR

Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: