COMUNICADO SOBRE O PECHE DA PLATAFORMA DE LEXNET ABOGACÍA

Tras facer unha consulta aos nosos agrupados, dende Avogados Novos queremos facer as seguintes consideracións sobre o peche da plataforma Lexnet Abogacía acordado no pleno do CGAE celebrado o pasado 21 de outubro de 2016:

1º) En primeiro lugar, queremos sinalar a falta de información xeral sobre esta cuestión ata o punto de que había compañeiros que descoñecían esta decisión do CGAE, o que fixo que, na súa sorpresa, plantexaran múltiples cuestións que recollemos así mesmo neste comunicado e que trasladaremos tanto ao noso Colexio como ao CGAE.

2º) O descoñecemento e a falta de información, de feito, foi a tónica xeral neste proceso que algúns calificaron incluso de “kafkiano” e que se remonta ata a decisión primeira de crear unha plataforma propia para a avogacía sen ter en conta os custes que a creación da mesma e o seu mantemento suporía para toda a nosa comunidade profesional.

Á vista da situación actual e dos motivos alegados polo CGAE para pechar Lexnet Abogacía, estimamos necesario depurar responsabilidades.

Neste senso, preguntaremos ao noso Colexio e ao CGAE:

  1. ¿Canto custou a creación de Lexnet Abogacía?
  2. ¿Qué presuposto se fixo para o seu mantemento?
  3. ¿Non se tivo en conta entón a tardanza na homologación polo Ministerio de Xustiza das novas funcionalidades de Lexnet Abogacía? ¿Foi obxecto de negociación este punto no seu momento?
  4. ¿A quén se lle encargou a realización dos traballos precisos para por en marcha a plataforma? ¿Cal foi o protocolo a seguir para esta designación?
  5. ¿Vanse depurar responsabilidades?

Así mesmo, seguindo a proposta dun compañeiro, solicítase a creación dunha Comisión de investigación independente para determinar as responsabilidades oportunas.

 

3º) No que respecta ao proceso mesmo para a toma dunha decisión tan relevante para a avogacía, dada a inversión realizada tanto no plano económico como de tempo e esforzo, cabe apuntar que o mesmo foi absolutamente irregular, pois esta cuestión non estaba prevista na orde do día do pleno do CGAE no que se adoptou o acordo referido. De feito, no pleno CGAE que se vai celebrar este xoves 24 de novembro vai incluída unha nova votación na orde do día sobre este mesmo asunto. Pero ademais das irregularidades referidas, hai que engadir que a decisión se xustifica nun informe de IBM, o cal non foi facilitado -nin previa ni simultaneamente- aos membros do CGAE que ían participar na votación (sen sabelo eles, xa que non foi anunciada así na orde do día).

Segundo o exposto neste apartado, polo tanto, preguntaremos ao noso Colexio o seguinte:

  1. ¿Cal foi a postura da nosa Decana no pleno celebrado o pasado venres 21 de outubro de 2016?
  2. ¿Cal vai ser a postura no próximo pleno que se vai celebrar o xoves 24 de novembro de 2016?

 

4º) Dito o anterior, non obstante, para o caso de que se “renove” esta decisión no pleno do próximo xoves 24 de novembro, cabe plantexarse as seguintes preguntas:

  1. ¿Como e cando se van facer as negociacións para facer o “traspaso” da plataforma Lexnet Abogacía a plataforma Lexnet Xustiza?
  2. ¿Canto vai durar o proceso?
  3. ¿Vanse manter as prestacións de Lexnet Abogacía?
  4. ¿Pódese utilizar Lexnet Xusticia con Linux o Mac?
  5. ¿Que vai pasar coas notificacións recibidas e almacenadas polos usuarios en Lexnet Abogacía?
  6. ¿Como se vai solucionar o sistema de firma que Lexnet Abogacía tiña incorporado con Lexnet Xustiza?
  7. ¿Qué vai pasar coas outras funcionalidades da plataforma tecnológica do CGAE?

Todas estas cuestións trasladaranse así mesmo á nosa Decana para que as plantexe no Pleno do CGAE do xoves 24 de novembro de 2016, ou, no seu caso, para que as responda coa información da que dispoña.

Esperamos que as noticias que teñamos a partir de agora sobre esta cuestión sexan mais esclarecedoras do que foron ata o momento actual.

CONSULTA SOBRE A NOVA CIDADE DA XUSTIZA NO “PIRULÍ”.

Avogados_Novos
29 Febreiro, 2016

Comunicámosvos que desde a Agrupación fomos convocados a Alcaldía o próximo día 8 de marzo para saber a nosa opinión sobre o cambio da “cidade dá xustiza” ao “pirulí”.

Parécenos unha boa medida por parte do concello o pedir a opinión dos colectivos que formamos parte da administración de xustiza en decisións que afectan dunha maneira tan relevante como esta a o futuro da nosa cidade.

Xa diversos compañeiros trasladáronnos as dúbidas que lles xorden sobre a posible falta de zonas de aparcadoiro, a vida útil da edificación e as condicións de salubridade e adaptación que podería ter o antigo hospital ás necesidades específicas que esixe unha cidade da xustiza.

Por todo iso, do mesmo xeito que alcaldía tivo o interese de coñecer a nosa opinión,  iniciamos un período de consultas para que nos poidades transmitir vosa propia opinión, propostas e dúbidas co obxecto de que as podamos trasladar ao equipo de goberno local, que podedes achegarnos remitíndoo ao correo electrónico da agrupación.

Así,  esperamos poder acudir á reunión cunha visión máis ampla, construtiva e representativa.

Comunicado: “Pola defensa dos dereitos humanos no C.P. A Lama. ”

Avogados_Novos
21 Abril, 2015

rolda de prensa 

 Avogados Novos de Vigo, fixo hoxe público o comunicado “Pola defensa dos dereitos humanos no C.P. A Lama. O caso de Javier Guerrero Carvajal”, asinado conxuntamente por diferentes organizacións de Dereitos Humanos e Sociais, tanto de ambito vigues, galego e estatal.

   A rolda de prensa realizouse no auditorio do Colexio de Avogados de Vigo, e na mesma interviron, Iolanda Ferreiro integrante de Esculca e avogada do Colexio de Ourense, Alba Rodriguez, amiga de Javier Guerreiro Carvajal, e por Avogados Novos de Vigo a compañeira Sheila Fernández Miguez, da Comisión de Dereitos Humanos.

   Con esta iniciativa desde a Comisión de Dereitos Humanos, pretendemos dar a coñecer a opinión pública a situación de vulneración de dereitos humanos que sucede no noso entorno profesional, e demandar da administración transparencia e efectivo respecto aos dereitos das persoas privadas de liberdade e ao noso traballo como avogadas e avogados. O caso de Javier Guerrero Carvajal é so un exemplo, un grao de area de unha problemática maior, como son as dilación nas resolución, a vulneración do Dereito a Tutela Xudicial Efectiva, a vulneración dos dereitos e garantías vinculadas as prestacións sanitarias, xunto con a falta de investigación nas denuncias por malos tratos e a opacidade da adminsitración penitenciaria que sofren todas as persoas privadas de liberdade.

   O comunicado ben con o respaldo do mundo xurídico e dos Dereitos Humanos, contando con a sinatura de Esculca, observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades, Xustiza e Sociedade de Galicia, Observatori del Sistema penal i els Drest Humans, Comité de defensa dos Presos Concepción Areal, Salhaketa, Imán, Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS) e da Coordinadora Estatal para a prevención e denuncia da tortura, integrada por 45 organizacións de dereitos humanos de ambito estatal.

 COMUNICADO.

Beatriz Figueroa: e fíxose camiño ao loitar. Seguinte parada: Valedor do Pobo.

Avogados_Novos
12 Marzo, 2015
   A nosa compañeira Beatriz Figueroa, membro de Avogados Novos de Vigo, convídanos a rolda de prensa que se vai celebrar este venres 13 de marzo ás 20:15 no Hotel Junquera, entreplanta, Rúa Uruguay 19-21 de Vigo,  co obxectode dar a coñecer o informe do Valedor do Pobo, favorable a súa queixa sobrea situación laboral e asistencial dos enfermos do cancro.

  Ó longo destes meses, Beatriz leva defendendo ante os medios, institucións e xulgados a necesidade de protección dos enfermos en situación de tratamentos de longa duración que ven diminuída totalmente a súa capacidade laboral e que, no suposto de ser despedidos e non ter dereito, ou esgotar durante o proceso, a correspondente prestación de desemprego, pasan a cobrar o 80 % do Iprem (426 €). Esta cantidade é totalmente insuficiente para poder afrontar os custes básicos da vida tomando en conta que presentan unha forte limitación física e psíquica causada pola súa enfermidade que lles impide prestar servizos en todo tipo de profesións.

   Nestes casos non se lles recoñece unha situación de incapacidade permanente ate que non esgoten o período máximo de Incapacidade Temporal de 18 meses; por estar seguindo un tratamento médico e non ser as limitación de carácter permanente.

   A diferenza é que a pensión mínima, por falta de recursos económicos, dunha incapacidade absoluta oscila (segundo se ten cónxuxe a cargo ou non) entre un máximo de 782,90 € e un mínimo de 601,90 € .

   Por último tamén pide a compañeira que se alguén coñece casos similares os poña no seu coñecemento para poder incluílos na seguinte queixa que vai presentar en Madrid ante a “defensora del pueblo”. Esta é a dirección do seu mail: beatriz.m.figueroa@gmail.com.

Axuntamos a queixa presentada.

53 días en folga de fame reivindicando os Dereitos Humanos e o cumprimento do Regulamento Penitenciario

Javier Guerrero Carvajal, está en folga de fame desde o 11 de decembro do 2014, reivindicando o cumprimento do Regulamento Penitenciario e o respecto aos dereitos humanos na prisión de A Lama. É a segunda folga de fame que se fai baixo esta premisa nos últimos meses na prisión pontevedresa, a anterior foi realizada por Emilio Sánchez del Peso que permaneceu 50 días sen comer.

   O dia 11 de decembro de 2014 Javier Guerrero inicia a folga de fame reivindicando o cumprimento do Regulamento Penitenciario e o respecto aos Dereitos Humanos en Prisión. O día 5 de xaneiro é ingresado no Hospital Provincial de Pontevedra debido a súa delicada situación de saúde. En este momento leva 53 días sen comer, durante os cales realizou dúas folgas de sede, do 3 de xaneiro ao 7 de xaneiro, que tivo que interrompe por chegar a unha situación de risco vital e unha segunda que inicia o día 16 de xaneiro e que interrompe o dia 18 de xaneiro, por presentar problemas renais. Na actualidade perdeu mais de 20 quilogramos de peso, carece de electrólitos, de proteínas, de glóbulos brancos, non lle funcionan os riles, está a piques do paro cardíaco e de sufrir trombos, o pasado 23 de xaneiro foi intervido do ril dereito e instalouse un catéter, a raíz da intervención ten inflamada a perna esquerda.

   O detonante que provoca a folga de fame de Javier Guerrero Carvajal foi a suspensión do seu permiso de saída para a fin de semana de fin de ano, conscientes os funcionarios da importancias de estas datas para Javier Guerrero pois, sería o primeiro Nadal que pasaría fora de prisión con a súa filla de 5 anos, que chegaba con a súa muller e cuñada desde China por ser o pais de residencia da súa familia. A suspensión de este permiso cancelaba a viaxe da súa familia e a conseguinte perda económica.

   Este permiso suspendese porque o 11 de decembro os funcionarios atopan un discman sen etiqueta que deixouse un compañeiro de Javier Guerrero Carvajal na súa cela, e proceden a apertura de un parte disciplinario que en este momento atopase en curso. No mesmo momento, o lexitimo propietario do discman realiza unha declaración xurada na que se identifica como propietario do aparello reprodutor de música, que esqueceu na cela de Javier Guerrero, e que os funcionarios saben que é del e non de Javier Guerrero, e a maiores, nunca llo requiriron para etiquetar.

 Estas son as vulneracións de dereitos que Javier denuncia:

1. Dilacións inxustificadas nas resolucións e revisións de grao;
2. Inseguridade xurídica e arbitrariedade;
3. Presunción de Inocencia;
4. Vulneración dos dereitos e garantías vinculadas as prestacións sanitarias

A esixencia que fai Javier para volver a comer é que o Xuíz de Vixilancia Penitenciaria resolva o seu recurso de revisión de grado, simplemente que resolva.

   Os deixamos a continuación o texto completo escrito polos nosos compañeiros da Comisión de Dereitos humans Raúl López Izquierdo e Sheila Fernández Míguez

53 Días en Folga de Fame Reivindicando Os Dereitos Humanos.

COMUNICADO DE LA A.F.V. SOBRE EL CESE DEL MINISTRO DE JUSTICIA

Avogados_Novos
29 Setembro, 2014

    En el día de hoy se publica en el Boletín Oficial del Estado el cese de D. Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez como Ministro de Justicia; publicación que incluye el agradecimiento por los servicios prestados.  La Asociación de Jueces y Magistrados Francisco de Vitoria no puede, sin embargo, valorar positivamente esos servicios que ha prestado el Ministro ahora cesante al Gobierno y a su Presidente, pues tales servicios han sido, en esencia los siguientes:

  1. Elaborar y presentar un proyecto de reforma de la LOPJ, posteriormente aprobado por las Cortes, que ha blindado el control por los partidos políticos del CGPJ, órgano de gobierno de los jueces.
  2. Establecer un sistema de tasas desorbitadas para el acceso a la justicia que vulneran, a juicio de esta Asociación, el derecho constitucional a la tutela judicial efectiva de los ciudadanos.
  3. No crear un solo Juzgado durante su gestión, siendo el primer Ministro de Justicia que puede presumir de tal “mérito”. No convocar oposiciones a jueces y magistrados durante más de un año, y hacer posteriormente dos convocatorias (una al año) en número manifiestamente insuficiente en un país con una de las ratios juez/habitante más bajas de Europa.
  4. Amortizar de un plumazo a casi mil jueces sustitutos por razones estrictamente presupuestarias, acreciendo su trabajo a los jueces titulares ya de por sí sobrecargados.
  5. Impulsar, por razones estrictamente presupuestarias, un régimen de sustituciones forzosas entre jueces titulares que ha generado innumerables suspensiones, retrasos de procedimientos y acumulación de carga de trabajo, en perjuicio del justiciable que demanda una respuesta judicial ágil y eficaz.
  6. Anunciar distintos proyectos (reforma del Código Penal, Código Procesal penal, Tribunales de Instancia…..) que nunca vieron la luz.
  7. No escuchar, durante toda su gestión, la opinión ni de los jueces, ni de los distintos colectivos implicados en la Administración de Justicia, con la única excepción, que confirma la regla, de los Registradores de la Propiedad.

   En AJFV consideramos que cualquier atisbo de regeneración ética y democrática debe pasar necesariamente por la despolitización del órgano de gobierno de los jueces y por dotar a la Administración de Justicia de los medios personales y materiales necesarios para cumplir su función; deseamos que el nuevo Ministro de Justicia, D. Rafael Catalá Polo, oriente sus esfuerzos en esa dirección, ofreciéndole para tal fin la colaboración que le podamos prestar.

En Madrid, a 24 de septiembre de 2014.

EL COMITÉ NACIONAL

Comunicado Avogados Novos

Avogados_Novos
28 Maio, 2014

Avogado novos mostra o seu descontento por exluír do curso de extranxería organizado polo noso colexio a os compañeiros que leven menos de 3 anos como colexiados exercentes

O Manifesto #T

Avogados_Novos
31 Marzo, 2014

¿ Qué é o manifiesto #T ?

Se queres unha resposta rápida e sinxela a la pregunta de cales son os nosos obxetivos aqui a tes:

Queremos unha xustiza sen taxas e pra todos,  independente e dotada dos medios necesarios pra cumprir a su función.

   Agora ben, se queres unha resposta mais longa, pero só un pouco mais longa, podes tomarte unha “relaxing cup of #T” e ler o noso manifesto (o podes descargar en catro linguas) nos te deixamos a versión en galego:

Avogados_Novos
26 Marzo, 2014

   Avogados Novos trasladou o Colexio de Avogados de Vigo unha petición de varios compañeiros da agrupación ; “poñer a disposición dos colexiados un número suficiente de ordenadores portátiles con altofalantes a súa disposición nas oficinas colexias presentes no xulgado pra poder ser utilizadas exclusivamente como medios técnicos a hora de proxectar nos actos de xuízo, gravacións de vídeo ou audio que se presenten como medios de proba“.  Texto íntegro da petición de Avogados Novos

   O ICAVigo acaba de denegar a nosa petición argumentando co anteproxecto da lei de servicios profesionais prevé o pago polos servicios individualizados, nos que este servicio, cesión dos ordenadores portátiles, estaría incluido, polo que non nos poden dicir nada ata que se aprobé a lei.  Enlace a contestación do colexio

   Avogados Novos quere facer público o seu malestar ante a negativa do Colexio de Avogados de Vigo a poñer a disposición de tódolos colexiados 4 ordenadores portátiles pra facer uso deles nas vistas que sexa preciso aportar como prueba audios o videos, o carecer os xulgados de ditos medios. Avogados Novos no pode compartir esta postura mais ainda se temos en cuenta o superavit nas contas colexiais.