INFORME LEI SEGUNDA OPORTUNIDADE

Avogados_Novos
12 Maio, 2015

   Co gallo da recente publicacion do Real Decreto-lei 1/2015 de 27 de febrero, de mecanismo de segunda oportunidade, reducción de carga financieira e outras medidas de orde social, a agrupación de Avogados Novos de Vigo ven de crear un grupo de traballo formado por compañeiros da agrupación especialistas en Dereito Concursal, Hipotecario e Fiscal-Tributario co obxectivo de facer un informe xurídico sobre o contido da tamén chamada “Lei de segunda oportunidade” asi como da súa incidencia sobre as modificacións lexislativas as que afecta. O informe que presentamos a continuación estructúrase nas seguintes partes:

1.- Resumo dos obxectivos e principios inspiradores da devandita lei.
2.- Modificacións operadas na Lei Concursal; o acordo extrajudicial de pagos, a figura do mediador concursal e o beneficio de exoneración de pagos.
3.- Modificacións en materia hipotecaria.
4.- Modificacións en materia fiscal e tributaria: cambios normativos en IRPF e IS.
5.- Derogación das tasas xudiciais para as personas físicas en todas as ordenes xurisdicionais e instancias.
   Este documento pretende facer un resumo das principais reformas introducidas pola Lei de Segunda Oportunidade, co fin de aportar un instrumento de traballo que permita coñecer e comprender as principais novedades introducidas polo devandito Real Decreto-lei. Esperamos que vos sexa de utilidade.     DESCARGAR O INFORME
Grupo de traballo da Lei de segunda oportunidade

 

AXUDAS PARA O ALUGUEIRO DE VIVENDAS

Avogados_Novos
27 Xaneiro, 2015

Dende Avogados Novos queremos facilitarvos a información que nos trasladan os nosos compañeiros da OIH achega das axudas de aluguer aprobadas pola Orde de 24 de novembre de 2014 e cuxo prazo para presentar a solicitudes empezou o pasado martes 20 de xaneiro e remata o 19 de febreiro.

Ditas axudas encóntranse incluídas dentro do Plan estatal de alugueiro e rehabilitación 2013-2016 do Ministerio de fomento, e beneficiarán con carácter preferente a determinados colectivos onde se encontra incluído o das persoas afectadas polos desafiuzamentos da súa vivenda por execucións hipotecarias. As cuantias das axudas ascenderían ata o 40% da renda do aluguer, dependendo dos ingresos e os membros da unidade familiar que convivan no inmoble alugado. O prazo para presentar solicitudes remata o próximo dia 19 de febreiro, e todos os requisitos e detalles do procedemento necesarios para a solicitude das mesmas podedes encontralos neste documento.