53 días en folga de fame reivindicando os Dereitos Humanos e o cumprimento do Regulamento Penitenciario

Javier Guerrero Carvajal, está en folga de fame desde o 11 de decembro do 2014, reivindicando o cumprimento do Regulamento Penitenciario e o respecto aos dereitos humanos na prisión de A Lama. É a segunda folga de fame que se fai baixo esta premisa nos últimos meses na prisión pontevedresa, a anterior foi realizada por Emilio Sánchez del Peso que permaneceu 50 días sen comer.

   O dia 11 de decembro de 2014 Javier Guerrero inicia a folga de fame reivindicando o cumprimento do Regulamento Penitenciario e o respecto aos Dereitos Humanos en Prisión. O día 5 de xaneiro é ingresado no Hospital Provincial de Pontevedra debido a súa delicada situación de saúde. En este momento leva 53 días sen comer, durante os cales realizou dúas folgas de sede, do 3 de xaneiro ao 7 de xaneiro, que tivo que interrompe por chegar a unha situación de risco vital e unha segunda que inicia o día 16 de xaneiro e que interrompe o dia 18 de xaneiro, por presentar problemas renais. Na actualidade perdeu mais de 20 quilogramos de peso, carece de electrólitos, de proteínas, de glóbulos brancos, non lle funcionan os riles, está a piques do paro cardíaco e de sufrir trombos, o pasado 23 de xaneiro foi intervido do ril dereito e instalouse un catéter, a raíz da intervención ten inflamada a perna esquerda.

   O detonante que provoca a folga de fame de Javier Guerrero Carvajal foi a suspensión do seu permiso de saída para a fin de semana de fin de ano, conscientes os funcionarios da importancias de estas datas para Javier Guerrero pois, sería o primeiro Nadal que pasaría fora de prisión con a súa filla de 5 anos, que chegaba con a súa muller e cuñada desde China por ser o pais de residencia da súa familia. A suspensión de este permiso cancelaba a viaxe da súa familia e a conseguinte perda económica.

   Este permiso suspendese porque o 11 de decembro os funcionarios atopan un discman sen etiqueta que deixouse un compañeiro de Javier Guerrero Carvajal na súa cela, e proceden a apertura de un parte disciplinario que en este momento atopase en curso. No mesmo momento, o lexitimo propietario do discman realiza unha declaración xurada na que se identifica como propietario do aparello reprodutor de música, que esqueceu na cela de Javier Guerrero, e que os funcionarios saben que é del e non de Javier Guerrero, e a maiores, nunca llo requiriron para etiquetar.

 Estas son as vulneracións de dereitos que Javier denuncia:

1. Dilacións inxustificadas nas resolucións e revisións de grao;
2. Inseguridade xurídica e arbitrariedade;
3. Presunción de Inocencia;
4. Vulneración dos dereitos e garantías vinculadas as prestacións sanitarias

A esixencia que fai Javier para volver a comer é que o Xuíz de Vixilancia Penitenciaria resolva o seu recurso de revisión de grado, simplemente que resolva.

   Os deixamos a continuación o texto completo escrito polos nosos compañeiros da Comisión de Dereitos humans Raúl López Izquierdo e Sheila Fernández Míguez

53 Días en Folga de Fame Reivindicando Os Dereitos Humanos.

Crónica das I Xornadas de Dereito Penitenciario

A vida tras o muro

I xornada de dereito penitenciario

   Baixo o título “A vida tras o muro” celebráronse as primeiras Xornadas de Dereito Penitenciario na cidade de Vigo, o pasado 24 e 25 de outubro de 2014. As mesmas estiveron organizadas póla Comisión de Dereitos Humanos da Agrupación de Avogados Novos de Vigo e contaron coa colaboración e financiamento do Colexio de Avogados de esta cidade. Os lugares onde as mesmas se levaron a cabo foron o auditorio colexial, situado nos Xulgados e o Museo Marco, antiga prisión municipal panóptica.

   Ao longo dos intensos días analizouse a situación das presas e presos desde unha dupla perspectiva, a legal e a social, que foi realizada por xuristas, expresos, colectivos e agrupacións.

   Nas ponencias da sexta feira contouse con as ponencias do Xuíz de Vixilancia Penitenciaria de Pontevedra, D. Fidel Jesús Río, e os avogados penalistas D. Fernándo Romay e D. Manuel Estévez, que realizaron unha radiografía da situación legal da prisión, e denunciaron a absoluta carencia de medios con os que conta a Administración “con 10.000 expedientes para resolver cada ano é complicado realizar unha análise exhaustiva, se non é a custe de un retraso nas resolución que tampouco resulta admisíbel”, indicou o xuíz Jesús Río. A falta de equipos técnicos nos xulgados materializase na imposibilidade de poder analizar a situación real das persoas presas nas prisións. Ademais a ausencia de recursos implica que a cárcere convertese en un sistema unicamente de castigo sen a posibilidade de xerar unha rehabilitación ou reinserción da persoa condenada. Continue reading Crónica das I Xornadas de Dereito Penitenciario

I XORNADA DEREITO PENITENCIARIO 24 E 25 DE OUTUBRO, VIGO

Avogados_Novos
13 Outubro, 2014
A vida tras o muro
A vida tras o muro

   A situación interna e a administración dos cárceres é una realidade descoñecida para gran parte da sociedade, na que tamén nós nos temos que incluír. Das nosas visitas a prisión como parte do noso traballo e tamén como Comisión de Dereitos Humanos, tomamos consciencia das dificultades que enfrontan as persoas reclusas no dia a día dentro da prisión para ter acceso a asistencia xurídica efectiva  coa que facer valer os seus dereitos, ou o acceso a medicamentos por poñer dous exemplos. Denunciar determinadas situacións que se producen tras o muro, a vez que nos dotamos de ferramentas para afrontalas xuridicamente desde a nosa profesión son as razón polas que nós desde a Comisión de Dereitos Humanos da nosa agrupación  decidimos organizar asI Xornadas de Dereito Penitenciario de Vigo, baixo o título “A vida tras os muros”.

   Agardamos que os próximos 24 e 25 de outubro convértanse en un encontro no que reflexionar e debater sobre as prácticas penais e os métodos punitivos no sistema penal español así como lograr unha formación práctica en dereito penitenciario.

   As Xornadas realízanse en dous espazos diferentes, o 24 de outubro no auditorio do colexio de avogados (rúa Lalín), dia dedicado exclusivamente a Dereito Penitenciario. E o 25 na antiga prisión da cidade, hoxe coñecida como MARCO -Museo de Arte Contemporáneo- (rúa Príncipe), onde contaremos con poñentes de diferentes áreas, letrados, académicos, organizacións sociais de diferentes lugares da xeografía estatal, e tamén con un historiador que nos falará de este simbólico edificio ao longo dos anos. Como vedes temos ata o ultimo detalle pensado.

   En organizar estas Xornadas puxemos moito tempo e esforzo desde a nosa modestia, as nosas dubidas e o convencemento de que son necesarios estes foros. Temos que dicir que contamos como co Colexio de Avogados de Vigo  como cooperador necesario, pois é quen financia as xornadas.  A cota de inscrición será de 20€

   Esperamos vervos os próximos días 24 e 25 de outubro e contar con as vosas ideas e reflexións.

   Non dubides en difundir as compañeiras e compañeiros que consideres interesadas

   Formulario de inscrición

   Tríptico das Xornadas (programa) 

Atentamente

A Comisión de Dereitos Humanos