FORMACIÓN
Temos unha comisión permanente que se adica a realizar cursos periodicamente sobre os temas que máis interesan, sobre novidades lexislativas ou sobre materias nas que os membros consideran que temos escasa formación.
Sempre abertos a novas propostas e dispostos a contar cos agrupados para a proposta de temas, organización dos cursos e control dos mesmos.
Ademais, en formato distendido, organízanse os post-curros, onde algún compañeiro experimentado explícanos un tema na súa forma práctica.
¿Interesache?
Contacta con: xunta@avogadosnovos.gal