IV XORNADA DE INFORMÁTICA XUDICIAL

Published by Avogados_Novos on

AVOGADOS NOVOS e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), asinaron un acordo de colaboración en virtude do cal os integrantes da Agrupación de Avogados Novos de Vigo disfrutarán dun desconto na IV edición da Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos que terá lugar o vindeiro 10 de outubro na cidade da cultura. 

Dende aqui, queremos animarvos a asistir a esta interesante xornada onde se nos amosará os beneficios da incorporación e uso das novas tecnoloxías no proceso xudicial, as claves da valoración da proba informática e o relevante papel dos peritos informáticos nas causas xudiciais. Para inscribiros deberedes cubrir o formulario de inscrición e poñer o código que os enviamos por mail a tódolos asociados.  Programa 

Un ano máis as xornadas de informática xudicial consolidan o seu papel de foro de debate sobre temas de actualidade para a administración de Xustiza. O obxectivo é contribuír a incrementar a efectividade e a eficiencia da administración xudicial co uso das novas ferramentas electrónicas e forenses. Por iso, o CPETIG e a Amtega traballan conxuntamente en informar e concienciar a xuíces, maxistrados, secretarios xudiciais, fiscais, avogados e xuristas en xeral, sobre os avances en materia probatoria en casos onde intervén o factor informático.

Big Data e o dereito á privacidade, e a proba electrónica abren a xornada cun relatorio que impartirá Jorge Campanillas, avogado experto. O inspector xefe da Comisaría Xeral da Policía Científica na Policía Nacional, Jorge Martín, exporá a labor forense da Policía Xudicial ante a nube e os dispositivos móbiles.

O novo escenario xurídico-probatorio ante a ilegalización da directiva europea de conservación de datos será explicado polo maxistrado da Audiencia Nacional, Eloy Velasco. Pola súa banda, Julián Valero-Torrijos, profesor titular de Dereito Administrativo na Universidade de Murcia abordará o marco normativo da Ley de Xustiza Electrónica.

Durante esta IV xornada tamén se coñecerá polo miúdo o labor divulgativo e preventivo da policía en materia de menores e redes sociais, mediante o relato en primeira persoa do responsable da conta @policia, Carlos Fernández Guerra. Entre outros temas, tamén se abordarán cuestións relacionadas coa ciberdefensa ante as nova ciberameazas e o futuro da Xustiza Europea, na sociedade 2.0.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra politica de cookies consistente en cumplir con las obligaciones previstas en el apartado segundo del artículo 22 de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico, tras su modificación por el Real Decreto ley 13/2012, de 30 de marzo, más información aqui ACEPTAR

Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: