53 días en folga de fame reivindicando os Dereitos Humanos e o cumprimento do Regulamento Penitenciario

Published by Avogados_Novos on

Javier Guerrero Carvajal, está en folga de fame desde o 11 de decembro do 2014, reivindicando o cumprimento do Regulamento Penitenciario e o respecto aos dereitos humanos na prisión de A Lama. É a segunda folga de fame que se fai baixo esta premisa nos últimos meses na prisión pontevedresa, a anterior foi realizada por Emilio Sánchez del Peso que permaneceu 50 días sen comer.

   O dia 11 de decembro de 2014 Javier Guerrero inicia a folga de fame reivindicando o cumprimento do Regulamento Penitenciario e o respecto aos Dereitos Humanos en Prisión. O día 5 de xaneiro é ingresado no Hospital Provincial de Pontevedra debido a súa delicada situación de saúde. En este momento leva 53 días sen comer, durante os cales realizou dúas folgas de sede, do 3 de xaneiro ao 7 de xaneiro, que tivo que interrompe por chegar a unha situación de risco vital e unha segunda que inicia o día 16 de xaneiro e que interrompe o dia 18 de xaneiro, por presentar problemas renais. Na actualidade perdeu mais de 20 quilogramos de peso, carece de electrólitos, de proteínas, de glóbulos brancos, non lle funcionan os riles, está a piques do paro cardíaco e de sufrir trombos, o pasado 23 de xaneiro foi intervido do ril dereito e instalouse un catéter, a raíz da intervención ten inflamada a perna esquerda.

   O detonante que provoca a folga de fame de Javier Guerrero Carvajal foi a suspensión do seu permiso de saída para a fin de semana de fin de ano, conscientes os funcionarios da importancias de estas datas para Javier Guerrero pois, sería o primeiro Nadal que pasaría fora de prisión con a súa filla de 5 anos, que chegaba con a súa muller e cuñada desde China por ser o pais de residencia da súa familia. A suspensión de este permiso cancelaba a viaxe da súa familia e a conseguinte perda económica.

   Este permiso suspendese porque o 11 de decembro os funcionarios atopan un discman sen etiqueta que deixouse un compañeiro de Javier Guerrero Carvajal na súa cela, e proceden a apertura de un parte disciplinario que en este momento atopase en curso. No mesmo momento, o lexitimo propietario do discman realiza unha declaración xurada na que se identifica como propietario do aparello reprodutor de música, que esqueceu na cela de Javier Guerrero, e que os funcionarios saben que é del e non de Javier Guerrero, e a maiores, nunca llo requiriron para etiquetar.

 Estas son as vulneracións de dereitos que Javier denuncia:

1. Dilacións inxustificadas nas resolucións e revisións de grao;
2. Inseguridade xurídica e arbitrariedade;
3. Presunción de Inocencia;
4. Vulneración dos dereitos e garantías vinculadas as prestacións sanitarias

A esixencia que fai Javier para volver a comer é que o Xuíz de Vixilancia Penitenciaria resolva o seu recurso de revisión de grado, simplemente que resolva.

   Os deixamos a continuación o texto completo escrito polos nosos compañeiros da Comisión de Dereitos humans Raúl López Izquierdo e Sheila Fernández Míguez

53 Días en Folga de Fame Reivindicando Os Dereitos Humanos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra politica de cookies consistente en cumplir con las obligaciones previstas en el apartado segundo del artículo 22 de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico, tras su modificación por el Real Decreto ley 13/2012, de 30 de marzo, más información aqui ACEPTAR

Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: