Resumo do “Congreso Internacional sobre novas tendencias no dereito da competencia e da propiedade industrial“

Published by Avogados_Novos on

Os días 24 e 25 de outubro tivo lugar o “Congreso Internacional sobre novas tendencias no dereito da
competencia e da propiedade industrial“ na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo.
Este Congreso tivo como motivo de celebración, rendir tributo ó Profesor Doutor Honoris Causa Carlos
Fernández Nóvoa, recentemente falecido.
No acto estiveron presentes os principais nomes a ter en conta nestes ámbitos, todos eles alumnos do
homenaxeado, que rendiron homenaxe a esta importante figura do dereito mercantil non só participando no Congreso cunha ponencia senón tamén facendo referencia a él nas súas intervencións e entregando a súa filla e a súa muller dunha edición do último número da revista “Actas de Derecho Industrial”, creada por él.
Con respecto ó Congreso, dividironse as materias nos dous días que durou o acto. Así, na mañá do primeiro día, tras unha breve introducción por parte dos organizadores e da decana da facultade, a profesora de Dereito Financeiro e Tributario Ana María Pita Grandal, as ponencias versaron sobre temas como o segredo industrial, a publicidade, o deseño industrial, as denominacións de orixe e o novo dereito de marca da UE.
Todas estas charlas tiveron como nota común que versaron sobre as últimas novidades que están a darse en cada un destes temas na actualidade.
De este xeito, o Profesor Gómez Segade, acerca dos segredos industriais, fixo referencia á Directiva
2016/943 que entrou en vigor o pasado 8 de xullo de 2016, unha directiva “de minimis“ que busca o
equilibrio entre a liberdade de expresión e a protección dos dereitos exclusivos.
Posteriormente o Profesor Otero Lastres abordou o tema do dereito exclusivo otorgado polo deseño
industrial e as pezas de recambio. Neste suposto falouse da posible existencia dun doble monopolio xa que, por un lado, o titular dun deseño complexo como podería ser un coche, tamén ostentaría un dereito de exclusiva sobre as pezas destinadas á reparación ou recambio dese producto.
A continuación, o Profesor Lema Devesa fixo referencia ás diversas Directivas europeas aplicables ó dereito da publicidade. Con estas directivas preténdese armonizar o dereito relativo ás prácticas publicitarias en tódolos países da UE, dando un amplo concepto ó que se consideraría publicidade (no que se incluiría o rexistro dos nomes de dominio) falando máis concretamente de termos como o consumidor medio, a publicidade engañosa ou a publicidade comparativa.
Por outra parte, indicouse que, en aspectos de publicidade, o futuro é a co-regulación, é dicir, o uso non só de medidas xudiciais senón tamén de órganos de autorregulación, como é en España o caso de Autocontrol.
O profesor Botana Agra adicou a súa ponencia a falar das diversas lexislacións aplicables ás Denominacións de Orixe e cómo éstas ían ampliarse dende os viños e as bebidas espirituosas a outros ámbitos dentro dos productos agrícolas e incluso fóra dos mesmos xa que, tal e como expresou, a lexislación internacional non se limita a éstes senón que se pode extender a elementos tales como as pedras (como o granito ou a mármore).
Para rematar coas ponencias da mañá o profesor Areán Lalín falou da nova Marca da UE que sustitúe á
marca comnitaria e que supón unha novidade non só porque facilita o rexistro dunha mesma marca para
tódolos Estados membros da UE ademáis de eliminar a necesidade da representación gráfica xa que pasan a admitirse as marcas coñecidas como non tradicionais (olfativas, gustativas…).
A tarde do primeiro día, a sesión comezou coa intervención do profesor Couto, Catedrático da Facultade de Direito do Minho, falando da falta de competencia dos tribunais arbitrais para emitir decisións “erga omnes“ sobre dereitos de propiedade industrial, o cal só está limitado ós tribunais de xustiza.
Máis adiante, José Luis García-Pita y Lastres, Catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de A
Coruña, falou da natureza xurídica dos Axentes de Propiedade Industrial os cales, aínda que non contan coa preceptiva autorización administrativa sí están homologados polo Estado para o exercicio da súa profesión.
Ángel García Vidal, Catedrático acreditado de Dereito Mercantil de Universidade de Santiago de
Compostela, falou das consecuencias do Brexit para os titulares de Dereitos de Propiedade Industrial. Deste xeito, a principal dúbida a resolver sería saber se esta saída suporía que este país abandoara tamén o proxecto da Patente Unitaria, no que tería un papel significativo ó ser un dos Estados con sede central para a tramitación destas solicitudes.
Despois dun breve descanso o Congreso continuou coa intervención da Profesora Lois Bastida, da
Universidade de A Coruña, que falou do réxime de licencias obrigatorias para produtos farmacéuticos
destinados a países con problemas de saúde pública.
A Profesora Maroño, da Universidade de Santiago de Compostela, falou da nova prohibición de solicitar un rexistro de marca para un signo denominativo idéntico ou similar ó nome dunha variedade vexetal anterior, tratando de evitar deste modo un aproveitamento indebido do nome otorgado á variedade vexetal.
Para rematar con este bloque de conferencias o Profesor da Universidade de Vigo, Miguel Ángel Bouza, fixo referencia ó “web scrapping“ (a extracción de termos de bases de datos de páxinas de internet) e ás
consecuencias respecto ós dereitos de autor.
Máis adiante tivo lugar a presentación de comunicacións dividida en dous paneis simultáneos.
No primeiro deles, máis adicado ó tema das marcas, falouse por un lado da marca Galicia Calidade, como marca de garantía a través da cal se trata de vender os produtos fabricados e comercializados en Galicia.
Tamén fíxose referencia ás implicacións que a tecnoloxía de impresión 3D podería ter nos casos de
infracción de marcas; da nova Directiva referida ó uso do nome das persoas como marca e das peculiaridades das marcas referidas a medicamentos por parte do Prof. Assistente da Faculdade de Direito da Universidade de Lisboa.
O segundo día comezou co III panel de comunicacións adicado ó dereito da competencia e ó dereito antitrust con temas como a aplicación da lexislación antitrust ós actos levados a cabo polas Administracións Públicas ou o establecemento de precios por medio de tácticas colusorias tácitas (caso Uber) ou por medio de algoritmos en páxinas web de venda de productos.
Na súa ponencia Luis Berenguer Fuster falou da doble natureza xurídica dos colexios profesionais e de como ás Administración Pública ó actuar como competidora (coma unha empresa) poderían aplicárselle as normas relativas á libre competencia e á unidade de mercado.
Trala pausa tiveron lugar dúas mesas redondas máis sobre as novas tendencias en dereito antitrust e da
competencia. Na primeira delas, recolleuse por un lado a imputación da indemnización de danos e perxuicios nos casos de infracción do dereito da competencia, a cal se entende como privada, competencia por tanto do dereito civil. Nestes casos se esixe o requisito da existencia dun nexo causal entre a actuación e o dano producido pero que non require que ese acto sexa intencionado, falándose entón de actos individuais (standalone actions) ou consecuenciais (follow-up actions).
Posteriormente, abordouse a cuestión da colisión na que se incurre entre os dereitos de exclusiva que
conceden as patentes e o principio e o obxectivo último do dereito da competencia: a protección do
consumidor. Así, falouse de conceptos tales como as patentes secundarias ou as patentes
“permanentes“ (evergreening patents), actos que, aínda que non poderían considerarse como ilegais,
atentarían contra a defensa do consumidor e entrariase a falar da colisión entre os dereito da competencia e o de patentes.
Moi relacionado con este tema, falouse da figura do “patent troll“, persoas ou empresas que inician litixios con base na existencia dunha patente previa para un determinado producto. Trataríase, de este modo, de evitar a entrada de competidores no mercado aproveitandose dunha posición dominante ó tempo que se fai uso do dereito á tutela xudicial efectiva ou dereito a litigar aínda que se trate de litixios simulados (sham litigation) nos que hai unha clara ausencia dunha causa litigante xustificada.
Posteriormente as charlas centráronse en temas como a importancia de identificar adecuadamente o obxecto da litigación cando se trata de impugnar unha actuación lesiva dos dereitos de exclusiva outorgados pola marca ou o diseño; a protección do deseño industrial cando non está rexistrado ou a importancia dunha adecuada redacción das medidas preliminares para que sexan adecuadamente interpretadas e aplicadas por un xuiz.
Finalmente o Congreso rematou coa exposición introductoria dos traballos de investigación que catro
alumnas de doutorado estaban a levar a cabo nos ámbitos tratados ou relacionados coa temática tratada.
En definitiva, o acto reuniu a importantes personalidades no ámbito do Dereito Mercantil e, máis
concretamente, do Dereito da Propiedade Industrial, cunha organización impecable e no que se trataron
tódolos temas de relevancia nun contexto situacional en pleno periodo de transición en case tódolos aspectos.

Jacobo Santamarta Barral

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra politica de cookies consistente en cumplir con las obligaciones previstas en el apartado segundo del artículo 22 de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico, tras su modificación por el Real Decreto ley 13/2012, de 30 de marzo, más información aqui ACEPTAR

Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: