COMUNICADO SOBRE O PECHE DA PLATAFORMA DE LEXNET ABOGACÍA

Published by Avogados_Novos on

Tras facer unha consulta aos nosos agrupados, dende Avogados Novos queremos facer as seguintes consideracións sobre o peche da plataforma Lexnet Abogacía acordado no pleno do CGAE celebrado o pasado 21 de outubro de 2016:

1º) En primeiro lugar, queremos sinalar a falta de información xeral sobre esta cuestión ata o punto de que había compañeiros que descoñecían esta decisión do CGAE, o que fixo que, na súa sorpresa, plantexaran múltiples cuestións que recollemos así mesmo neste comunicado e que trasladaremos tanto ao noso Colexio como ao CGAE.

2º) O descoñecemento e a falta de información, de feito, foi a tónica xeral neste proceso que algúns calificaron incluso de “kafkiano” e que se remonta ata a decisión primeira de crear unha plataforma propia para a avogacía sen ter en conta os custes que a creación da mesma e o seu mantemento suporía para toda a nosa comunidade profesional.

Á vista da situación actual e dos motivos alegados polo CGAE para pechar Lexnet Abogacía, estimamos necesario depurar responsabilidades.

Neste senso, preguntaremos ao noso Colexio e ao CGAE:

  1. ¿Canto custou a creación de Lexnet Abogacía?
  2. ¿Qué presuposto se fixo para o seu mantemento?
  3. ¿Non se tivo en conta entón a tardanza na homologación polo Ministerio de Xustiza das novas funcionalidades de Lexnet Abogacía? ¿Foi obxecto de negociación este punto no seu momento?
  4. ¿A quén se lle encargou a realización dos traballos precisos para por en marcha a plataforma? ¿Cal foi o protocolo a seguir para esta designación?
  5. ¿Vanse depurar responsabilidades?

Así mesmo, seguindo a proposta dun compañeiro, solicítase a creación dunha Comisión de investigación independente para determinar as responsabilidades oportunas.

 

3º) No que respecta ao proceso mesmo para a toma dunha decisión tan relevante para a avogacía, dada a inversión realizada tanto no plano económico como de tempo e esforzo, cabe apuntar que o mesmo foi absolutamente irregular, pois esta cuestión non estaba prevista na orde do día do pleno do CGAE no que se adoptou o acordo referido. De feito, no pleno CGAE que se vai celebrar este xoves 24 de novembro vai incluída unha nova votación na orde do día sobre este mesmo asunto. Pero ademais das irregularidades referidas, hai que engadir que a decisión se xustifica nun informe de IBM, o cal non foi facilitado -nin previa ni simultaneamente- aos membros do CGAE que ían participar na votación (sen sabelo eles, xa que non foi anunciada así na orde do día).

Segundo o exposto neste apartado, polo tanto, preguntaremos ao noso Colexio o seguinte:

  1. ¿Cal foi a postura da nosa Decana no pleno celebrado o pasado venres 21 de outubro de 2016?
  2. ¿Cal vai ser a postura no próximo pleno que se vai celebrar o xoves 24 de novembro de 2016?

 

4º) Dito o anterior, non obstante, para o caso de que se “renove” esta decisión no pleno do próximo xoves 24 de novembro, cabe plantexarse as seguintes preguntas:

  1. ¿Como e cando se van facer as negociacións para facer o “traspaso” da plataforma Lexnet Abogacía a plataforma Lexnet Xustiza?
  2. ¿Canto vai durar o proceso?
  3. ¿Vanse manter as prestacións de Lexnet Abogacía?
  4. ¿Pódese utilizar Lexnet Xusticia con Linux o Mac?
  5. ¿Que vai pasar coas notificacións recibidas e almacenadas polos usuarios en Lexnet Abogacía?
  6. ¿Como se vai solucionar o sistema de firma que Lexnet Abogacía tiña incorporado con Lexnet Xustiza?
  7. ¿Qué vai pasar coas outras funcionalidades da plataforma tecnológica do CGAE?

Todas estas cuestións trasladaranse así mesmo á nosa Decana para que as plantexe no Pleno do CGAE do xoves 24 de novembro de 2016, ou, no seu caso, para que as responda coa información da que dispoña.

Esperamos que as noticias que teñamos a partir de agora sobre esta cuestión sexan mais esclarecedoras do que foron ata o momento actual.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra politica de cookies consistente en cumplir con las obligaciones previstas en el apartado segundo del artículo 22 de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico, tras su modificación por el Real Decreto ley 13/2012, de 30 de marzo, más información aqui ACEPTAR

Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: