12 de xullo Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de oficio
O 12 de xullo celebrarse o Día da Xustiza Gratuíta e da Quenda de oficio. Neste día temos que celebrar a labor que fai unha gran maioría de compañeiros e compañeiras, un traballo de servizo público na defensa dos intereses dos que menos teñen.
Unha labor da que toda a avogacía debe estar orgullosa. Sen embargo tamén hai moito que demandar: dignificación dos profesionais que traballan na Quenda de oficio, a mellora da Xustiza dotándoa de máis medios e persoal para que o servizo sexa verdadeiramente xusto e eficaz (unha xustiza lenta non é xustiza), e unhas retribucións xustas.
Debendo recordar que a retribución media que recibe o avogado da quenda de oficio rolda os 142 euros e que Galicia reduciu en 2018 un 3,5% o seu investimento en Xustiza Gratuíta respecto ao ano anterior o que é inaceptable.
Por todo elo, convocamos esta concentración para celebrar este día así como para demandar unha mellora integral do sistema de xustiza.