Día da Avogacía Nova.
Hoxe celebramos o Día da Avogacía Nova. Neste día, dende a Agrupación de Avogados Novos de Vigo, cremos firmemente que a Avogacía Nova debe reivindicar o duro traballo que día a día leva a cabo e que tantas alegrías, a par que preocupacións, nos brinda.
Celebramos a acollida e a vez incorporacións de novos compañeiros, así como membros, ós que agradecemos o seu apoio nas trincheiras da nosa profesión todos e cada un dos días.
Agradecemos poder formar parte dunha profesión vocacional, dirixida á protección máis inmediata dos dereitos da cidadanía, á que estamos encantados de axudar e apoiar, sendo plenamente conscientes das dificultades que moitas veces se encontran para facer valer os seus dereitos.
Pero, tamén queremos expor as dificultades coas que nos encontramos:
1º.- A limitación no acceso á Queda de Oficio para os recén incorporados, limitación con criterios dispares dependendo do Colexio de Avogados ó que pertenzamos. Acceso á Queda de Oficio que aportaría uns ingresos e experiencia que, sen dúbida, son clave no mantemento do noso desenvolvemento na profesión.
2º.- A falta de adaptación das cotas colexiais do Colexio de Avogados de Vigo a nosa recente incorporación, existindo criterios dispares dependendo do Colexio de Avogados no que nos colexiemos.
3º.- A precariedade laboral ante a que se atopan os que traballan por conta allea, predominando os falsos autónomos e incluso os que día a día traballan sen recibir remuneración algunha a cambio de “formación”.
4º.- A falta de medios da Administración de Xustiza.
Sen dúbida, o que sobre todo denunciamos e a falta de medios que provocan que a xustiza actual sexa lenta e, polo tanto, ineficaz. Demandamos medios non so para nos ou os nosos compañeiros xuíces e fiscais, senón para a cidadanía, porque pensamos nela agora e no futuro que a todos nos espera.
Queremos seguir nesta profesión porque ela escolleunos, pero se estamos aquí é para renovala e dignificala día a día.
Nunca cesaremos de mellorar, axudarnos, loitar polos nosos compañeiros, pola cidadanía e pola mellora da Administración de Xustiza.
Sen dúbida, XUNTOS PODEMOS CONSEGUILO! FELIZ DÍA DA AVOGACÍA NOVA!
Fdo.: Comisión de Defensa da Avogacía Nova
Avogados Novos de Vigo