Manifesto de apoio a comunidade LGTBI

Published by Avogados_Novos on

Ao longo das dúas últimas semanas en moitos lugares do planeta estanse a celebrar diferentes eventos co gallo do orgullo da comunidade LGTBI.

Aínda que é un día de celebración non debemos tampouco esquecer a orixe desta celebración, a revolta e a loita da comunidade LGTBI para o seu recoñecemento pleno e liberdade sexual.

Dende sempre, o colectivo LGTBI ven de sufrir cotas de discriminación insoportables e a sua loita e unha loita de todos, unha sociedade que se di democrática non pode permitir a subsistencia desta discriminación.

Certo que nos últimos anos a situación estase a mudar, pero a súa igualdade e liberdade aínda non son completas. No noso propio país, cada ano os delitos de odio relacionados coa orientación ou identidade sexual van en aumento (1) e tamén o auxe cada vez máis descarado da extrema dereita, e con ela a sua defensa da normatividade e da familia tradicional. E fora das nosas fronteiras ata en 70 países as relacións sexuais consentidas entre persoas do mismo sexo son delito, e en 11 países este delito é castigado coa pena de morte(2). Por este motivo, as persoas perseguidas pola súa orientación ou identidade sexual teñen pleno dereito á solicitude de asilo.

Por todo isto, a súa loita e a súas demandas seguen moi vixentes e teñen que ser apoiadas por tódolos actores sociais. Así dende esta agrupación da avogacía nova de Vigo queremos mostrar o noso apoio íntegro ao colectivo LGTBI e a súa loita e dicimos que ¡nin un paso atrás!

(1) Informe sobre la evolución de los incidentes relacionados con los delitos de odio en España. 2017, Observatorio Español del Racismo y la Xenofobia


(2) Informe de Homofobia de Estado 2019, Asociación Internacional de Lesbianas, Gays, Bisexuales, Trans e Intersex (ILGA)

Categories: comunicado

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra politica de cookies consistente en cumplir con las obligaciones previstas en el apartado segundo del artículo 22 de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico, tras su modificación por el Real Decreto ley 13/2012, de 30 de marzo, más información aqui ACEPTAR

Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: