V XORNADA DE INFORMÁTICA XUDICIAL: A Ciberdefensa no século XXI

Published by Avogados_Novos on

AVOGADOS NOVOS e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), renovaron o acordo de colaboración en virtude do cal os integrantes da Agrupación de Avogados Novos de Vigo disfrutarán dun desconto na V edición da Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos que terá lugar o vindeiro 21 de outubro na cidade da cultura. 

Dende aqui, queremos animarvos a asistir a esta interesante xornada onde se nos amosaráos riscos e os beneficios do uso de internet, e como protexernos dos eventuais ataques que podamos sufrir. Para inscribiros deberedes cubrir o formulario de inscrición e poñer o código que os enviamos por mail a tódolos asociados.  Programa 

Un ano máis as xornadas de informática xudicial consolidan o seu papel de foro de debate sobre temas de actualidade para a administración de Xustiza. O obxectivo é contribuír a incrementar a efectividade e a eficiencia da administración xudicial co uso das novas ferramentas electrónicas e forenses. Por iso, o CPETIG e a Amtega traballan conxuntamente en informar e concienciar a xuíces, maxistrados, secretarios xudiciais, fiscais, avogados e xuristas en xeral, sobre os avances en materia probatoria en casos onde intervén o factor informático.

Dicir que as novas tecnoloxías invaden a nosa vida e que se fixeron tan indispensables como no seu día o foi a auga corrente, a luz ou o teléfono pode resultar case unha obviedade. A nosa sociedade moderna baséase na información e na comunicación e grazas ás novas (ou xa non tan novas) tecnoloxías ambos elementos alcanzaron o seu máximo expoñente: podemos levar información equivalente a un centenar de enciclopedias e compartila ou entrar en contacto cunha persoa que estea ao outro lado do mundo coa mesma facilidade que levamos o xornal ou falamos cos nosos compañeiros de traballo.

E non é necesario ter un ordenador para iso. Hoxe en día os nosos simples teléfonos móbiles permítennos isto e moito máis. Esta realidade ábrenos un novo mundo de oportunidades pero tamén supón un novo cúmulo de riscos que son moitas veces descoñecidos e ante os que ninguén nos advertiu ou protexeu axeitadamente.

A Lei, como elemento organizador das nosas relacións sociais, está a experimentar unha importante evolución nun heroico “tour de force” para adaptarse á nova realidade que xa supón Internet.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra politica de cookies consistente en cumplir con las obligaciones previstas en el apartado segundo del artículo 22 de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico, tras su modificación por el Real Decreto ley 13/2012, de 30 de marzo, más información aqui ACEPTAR

Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: